MODIFICACIÓN DAS BASES DO CONCURSO

MODIFICACIÓN DE BASES COVID-19

Ola a tod@s. En primeiro lugar, desexarvos o mellor nestes días complexos e mostrar todo o noso apoio e recoñecemento ao profesorado.

Dada a situación actual, imos adaptar o concurso para que sexa compatible coa formación a distancia na que nos atopamos. Para facilitar o máximo a participación, flexibilizamos diferentes aspectos.

Prazos. Podedes mandar os vídeos pendentes ata o 2 de xuño. Admitiremos tanto o correspondente ao segundo reto como o do terceiro reto.

Normas dos vídeos. Xa non é requisito a presenza de varios alumn@s diante da cámara. Pode ser un/unha alumno/a cun mínimo dun/dunha compañeiro/a en formato de videoconferencia, chamada de whats up, ou calquera outro medio de comunicación. Queremos manter o espírito colaborativo do concurso.

Finalistas. Seleccionaremos os finalistas que participarán na final presencial segundo os seguintes criterios:

  • Ter mandado os tres vídeos correspondentes a cada un dos retos.
  • A calidade e orixinalidade dos vídeos.
  • En caso de non ter recibido número suficiente de vídeos do terceiro reto, pasaremos a valorar os equipos que mandaron un mínimo de dous vídeos.